Videoacción: Envía o vídeo “Actuade xa!” aos teus representantes políticos
¡ Temos que explicarllo!:
Enche o formulario e envía este vídeo aos/ás representantes políticos para que actúen fronte ao cambio climático.
O vídeo será enviado ao Goberno, ao Congreso, ao Senado, e á Secretaría de Estado de Cambio Climático. E seleccionando na casiña “Comunidade Autónoma” tamén o recibirán responsables políticos autonómicos: Presidente/a, Conselleiro/a de Medio Ambiente e Director/a da Oficina de Cambio Climático.
O cambio climático é unha realidade que sofren xa millóns de persoas no mundo. Se non actuamos rápido a temperatura da Terra seguirá aumentando ata que sexa demasiado tarde. Quero pedirlle que vexa este vídeo e reflexione sobre o seu compromiso político para atallar este problema e poñer en marcha solucións eficaces. “Fuxindo do problema non solucionaremos nada”. As solucións existen, pero precisamos unha acción política decidida. Temos que actuar reducindo as nosas emisións e contribuír de forma responsable coas persoas que sen provocar o cambio climático máis van padecer os seus efectos. Por iso pídolle urxentemente o seu compromiso a favor de: - Unha lexislación que fixe obxectivos de redución de emisións ano a ano - Transferir financiamento e tecnoloxía á poboacións máis vulnerables para a mitigación e adaptación ao cambio climático |